Resultados individuais e colectivo dos galegos no Campionato de España 2023
A semana pasada realizábase, no concello de Valdoviño (A Coruña), o Campionato de España individual de surf e por seleccións territoriais.
Os deportistas galegos lograron uns excelentes resultados, como se amosa a continuación:
Sebatian Bamonde: 3 sub18 Lavieja escuela by After surf.
Marta Cid: 4 sub12 Fem RSM.
Luis Rodriguez: 4 Master Luis Rodrigues surf school.
A todo isto, temos que sumar tamén o fantástico subcampionato de España da nosa selección galega de surfing. Non se puido acadar o noso arelado 4º Campionato de España por equipos, mais cremos que este resultado é un éxito para todo o surfing galego.
Agardamos superar estes resultados no 2024.