Licenzas Federativas 2024
|
Bos días a todos, Dende a Federación Galega de Surf queremos desexarvos felices festas e un moi feliz 2024. Aproveitamos a ocasión para indicarvos que as licenzas federativas 2023 deixarán de estar en vigor o 31 de decembro, xa podedes solicitar as novas licenzas federativas para 2024, no apartado FEDÉRATE da nosa web. Así mesmo lembrarvos algunhas das vantaxes de estar federado: - Federarte é practicar Deporte Seguro É, probablemente, a vantaxe máis coñecida: o seguro médico. A túa licenza federativa de surf inclúe cobertura médica en caso de accidente non só se estás a competir se non, tamen, cando adestras. Todas as coberturas do seguro e protocolo a seguir en caso de accidente na sección descargas da nosa web. - Federarte é Gozar do surf con garantías A túa licenza federativa darache opción de competir nos circuítos locais, autonómicos ou nacionais, e por suposto, en todos os campionatos oficiais da federación. ¿Por qué é importante isto? Porque se tratan de eventos oficiais celebrados conforme a estándares de organización e seguridade recoñecidos. - Federarte é Competir Participar en probas federadas habilítache para aparecer na diferentes clasificación ou clasificacións oficiais (provincial, autonómico, nacional e internacional). Supón unha motivación extra para crecer e evolucionar deportivamente. Ser federado ou federada é ser parte dun grupo de deportistas que comparten unha paixón e exhiben un mesmo compromiso. Dalgunha forma, a túa licenza federativa acredítache como representante do noso deporte, como embaixador/a do surf, e úneche ao resto de compañeiros/ as nunha comunidade que supera as 50.000 persoas en España. Vémonos en 2024 un saúdo e boas ondas!!
FEDÉRATE AQUÍ: https://www.fgsurf.org/associations/groups
Se tes agunha dúbida podes contactar con nos por whatsapp no número: 600530771 |