Deporte na rua-surf adaptado A Coruña
Co galo dunha nova edición de "DEPORTE NA RÚA", promovida polo Concello da Coruña, a Federación Galega de Surf e diversas fundacións e colaboradores, nace o "I ENCONTRO DE SURF PARA MOI CAPACITADOS", que se realizará este domingo, 18 de Xuño, a partir das 9 da mañá. Un encontro de surf adaptado onde queremos facer visible esta modalidade de surfing.
Con este fin, a FGS precisa de persoas voluntarias de apoio coas seguintes características:
- Monitores de surf.
- Médicos.
-Fisioterapeutas.
-Surfistas experimentados de apoio.
Se che interesa, podes poñerte en contacto coa FGS vía email no enderezo info@fgsurf.org ou vía whatsapp no número 652445806.