Criterios de selección da Selección Galega de surf

Criterios de selección da Selección Galega de surf
29 de mayo de 2023
Criterios de selección da Selección Galega de surf

Ola:
En primeiro lugar queremos agradecer á Federación Galega de Surf a súa confianza en nós, dándonos total liberdade á hora de afrontar este posto de seleccionadores galegos, que asumimos cunha especial ilusión.
Cremos que será un proxecto a longo prazo no que, dende o primeiro momento, identificamos que o máis importante é conseguir que toda a comunidade surfeira de Galicia se sinta orgullosa da súa selección ata o punto que formar parte dela sexa un dos obxectivos máis importantes da súa planificación.
Despois de darlle moitas voltas ó camiño que debemos escoller, chegamos á conclusión de que o máis xusto é establecermos uns criterios obxectivos nos que, a través dunha suma de puntos, poidamos cuantificar o esforzo e a traxectoria de quen pasará a formar parte desta selección.
Avaliamos os resultados das diferentes ligas que cremos que deberían ser case obrigatorias no programa de calquera surfista de competición, así como tamén a súa planificación anual y se a acompaña ou non unha preparacion física.
Deixamos unha pequena porcentaxe á decisión do equipo técnico para casos excepcionais ou posibles situacións de empate que puidesen acontecer.
Deste xeito, gustaríanos que todos os competidores e competidoras coñezan a comezos de ano cales son os requisitos que teñen que cumprir para estar nesta selección e que, mediante o seu esforzo para conseguiren bos resultados nestas ligas, o nivel do surf en Galicia mellore.
Aquí vos deixamos os criterios desta tempada 2023 e os motivos de exclusión, agardando que sexan xustos para todos e todas.
Agora toca poñer o traxe, meterse na auga e facer o que máis nos gusta....SURFEAR!!!

Un saudo.

Os seleccionadores de surf:
Alberto Reimunde e Juan Fernández

Adxuntamos os criterios na seguinte ligazón:

https://plataforma.plaam.com/modulos/news/subido/122/Criterios selección.pdf

 

Federación Galega de Surf e Bodyboard