Convocatoria de proxectos 2024
Aberto o prazo da convocatoria de EVENTOS DE SURFING de cara á tempada 2024.
Os eventos serán os seguintes:
- Liga Galega de Surf Kids
- Liga Galega de Surf Junior
- Liga Galega de Surf Open/Máster
- Liga Galega de Longboard/SUP
- Liga Galega de SUP RACE
- Liga Galega de Bodyboard
- Campionatos Galegos de surf, bodyboard, longboard/SUP e SUP Race.
- Copas Galegas
- Campionatos locais e proxectos especiais.
Os proxectos deben estar acompañados por un dosier ou presentación e deben ser enviados a info@fgsurf.org antes do día 15/01/24 para ser aprobados na seguinte asemblea.
Para calquera dúbida ou consulta, pódese facer mediante whatsapp ao número 600530771.