Ola:
En primeiro lugar queremos agradecer á Federación Galega de Surf a súa
confianza en nós, dándonos total liberdade á hora de afrontar este posto de
seleccionadores galegos, que asumimos cunha especial ilusión.
Cremos que será un proxecto a longo prazo no que, dende o primeiro
momento, identificamos que o máis importante é conseguir que toda a
comunidade surfeira de Galicia se sinta orgullosa da súa selección ata o
punto que formar parte dela sexa un dos obxectivos máis importantes da
súa planificación.
Despois de darlle moitas voltas ó camiño que debemos escoller, chegamos
á conclusión de que o máis xusto é establecermos uns criterios obxectivos
nos que, a través dunha suma de puntos, poidamos cuantificar o esforzo e a
traxectoria de quen pasará a formar parte desta selección.
Avaliamos os resultados das diferentes ligas que cremos que deberían ser
case obrigatorias no programa de calquera surfista de competición, así
como tamén a súa planificación anual y se a acompaña ou non unha
preparacion física.
Deixamos unha pequena porcentaxe á decisión do equipo técnico para
casos excepcionais ou posibles situacións de empate que puidesen
acontecer.
Deste xeito, gustaríanos que todos os competidores e competidoras
coñezan a comezos de ano cales son os requisitos que teñen que cumprir
para estar nesta selección e que, mediante o seu esforzo para conseguiren
bos resultados nestas ligas, o nivel do surf en Galicia mellore.
Aquí vos deixamos os criterios desta tempada 2023 e os motivos de
exclusión, agardando que sexan xustos para todos e todas.
Agora toca poñer o traxe, meterse na auga e facer o que máis nos gusta:
Todo o mellor.
Os seleccionadores de surf:
Alberto Reimunde e Juan Fernández