Licenzas Federativas 2022

Licenzas Federativas 2022
31 de diciembre de 2021
Licenzas Federativas 2022

 

Dende a Federación Galega de Surf queremos desexarvos felices festas e un moi feliz 2022.

Aproveitamos a ocasión para indicarvos que as licenzas federativas 2021 deixarán de estar en vigor o 31 de decembro e a partir do día 1 de xaneiro xa podedes solicitar as novas licenzas federativas para 2022, no apartado FEDÉRATE da nosa web. Este ano todos aqueles que se federen durante o mes de xaneiro, recibirán unha camiseta da FGS, que se poderá recoller nos puntos que se indicarán, ao longo do mes de febreiro (todos os tipos de licenza federativa excepto XOGADE).

Para aqueles federados que marcastes renovación automática por domiciliación bancaria, se non queredes seguir pertencendo á FGS, indicárnolo por favor mediante correo electrónico a info@fgsurf.org antes do 10 de xaneiro.

Así mesmo lembrarvos algunhas das vantaxes de estar federado:

- Federarte é practicar Deporte Seguro

É, probablemente, a vantaxe máis coñecida: o seguro médico. A túa licenza federativa de surf inclúe cobertura médica en caso de accidente non só se estás a competir se non, tamen, cando adestras.  Todas as coberturas do seguro e protocolo a seguir en caso de accidente na sección descargas da nosa web.

- Federarte é Gozar do surf con garantías

A túa licenza federativa darache opción de competir nos circuítos locais, autonómicos ou nacionais, e por suposto, en todos os campionatos oficiais da federación. ¿Por qué é importante isto? Porque se tratan de eventos oficiais celebrados conforme a estándares de organización e seguridade recoñecidos.

- Federarte é Competir

Participar en probas federadas habilítache para aparecer na diferentes clasificación ou clasificacións oficiais (provincial, autonómico, nacional e internacional). Supón unha motivación extra para crecer e evolucionar deportivamente.
- Federarte é Formar parte

Ser federado ou federada é ser parte dun grupo de deportistas que comparten unha paixón e exhiben un mesmo compromiso. Dalgunha forma, a túa licenza federativa acredítache como representante do noso deporte, como embaixador/a do surf, e úneche ao resto de compañeiros/ as nunha comunidade que supera as 50.000 persoas en España.

Vémonos en 2022 un saúdo e boas ondas!! 

 


FEDÉRATE AQUÍ: https://my.fgsurf.org/#/associations/groups

FOTO: JOSE DOPICO

 

Federación Galega de Surf e Bodyboard