Convocatoria de AXUDAS DGAN-TAXAGAN 2024
a Fundación Deporte Galego ven de publicar hoxe xoves 28 de novembro, no Diario Oficial de Galicia o anuncio da Convocatoria de Axudas a Persoas Deportistas/técnicas/adestradoras/xuices/árbitros Galegas de Alto Nivel 2024, baixo a denominación “Convocatoria de AXUDAS DGAN-TAXAGAN 2024”, e que se enmarca no plan de axudas á preparación dos/as deportistas galegos/as de alto nivel.
Esta convocatoria conta nesta ocasión con 14 tipos de axudas, segundo os resultados deportivos que se tiveran acadado durante o ano 2023 (non se valorarán resultados acadados en anos anteriores ou posteriores) e que dende a Federación Galega acreditásense posteriormente ás solicitudes presentadas.
As bases desta convocatoria, quedando tamén a disposición pública na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e na web http://deporte.xunta.gal dende hoxe. A destacar, en todo caso, que o prazo de presentación de solicitudes comeza mañá venres 29 de novembro e rematará o vindeiro venres 13 de decembro de 2024 (10 días hábiles)
Ademais, recordámosvos que, do mesmo xeito que na anterior edición, as persoas solicitantes poderán:
- Solicitar axuda sempre que estén ou estiveran recoñecidas pola Secretaría Xeral para o Deporte coma Deportistas de Alto Nivel nalgún momento dos anos 2023 e/ou 2024 (aínda que a día de hoxe non estea vixente o recoñecemento).
- Cursar a solicitude de axuda preferentemente de forma telemática. Terán á súa disposición os formularios normalizados (anexos I e II) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Poderán utilizar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da propia Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), habilitándose un enlace na Guía de procedementos e servizos co código DE400F (que estará dispoñible a partir de mañá 29 de novembro).
- Presentar se así o prefiren, a solicitude en formato papel en calquera rexistro oficial polo que se poida achegar documentación ás Administracións Públicas, tal e como se indica no apartado 5 das bases.
- Remitir unicamente cuberto o anexo I de Solicitude, se fora o caso, o anexo II de Autorización de representación (menores de idade ou outros casos de representación legal) e o anexo III, formulario cos mellores resultados acadados en 2022, polo que deberán evitar acudir á Federación Deportiva Galega correspondente para que lles cubrades o formulario de resultados, pois o mesmo seranos enviado, debidamente cumplimentado, directamente por parte da Fundación Deporte Galego, para a nosa verificación e certificación final.